Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

T.4- punto 6 A

MODIFICACIÓN XENÉTICA DE PLANTAS E ANIMAIS QUE PODE ACHEGAR A BIOTECNOLOXÍA Á AGRICULTURA? Os principais beneficios esperados da enxeñería xenética na agricultura son: ·          O aumento do rendemento dos cultivos. ·          A redución no uso de herbicidas. ·          A mellora na calidade e características nutritivas dos alimentos. ·          A resistencia a pragas e enfermidades. ·          A tolerancia a condicións ambientais adversas. ·          O aumento na produción de alimentos o    A redución de custos de produción. o    A axuda aos agricultores dos países menos desenvolvidos. Outras aplicacións sobre as que a investigación avanza: a produción de proteínas de interese farmacéutico (ant...

T.4- punto 5 A

Imagen
A ENXEÑARÍA XENÉTICA QUE É A ENXEÑARÍA XENÉTICA? A enxeñaría xenética é o conxunto de técnicas que permiten illar, cortar, combinar e unir fragmentos de ADN nunha única molécula de ADN e transferila a outra célula. A molécula de ADN resultante (ADN recombinante) e o organismo cuxo xenoma se modificou (OMX), ( organismo transxénico ) TÉCNICAS DE ENXEÑARÍA XENÉTICA As técnicas de enxeñaría xenética para producir proteínas , realízanse seguindo un protocolo que inclúe as seguintes etapas: ·          A partir dunha célula humana de páncreas, localízanse e íllase o xene que codifica para a insulina mediante encimas que cortan a molécula de ADN. ·          O xene humano insírese no ADN dun plásmido bacteriano que actúa como vector para transferilo á bacteria. ·          Selecciónanse as bacterias que conteñen o xene da insulina inserido no se...

T.4- punto 4 D

NOTICIA CIENTÍFICA: Cabras que producen seda de tela araña. Alejandra Martins BBC Mundo 19 de enero 2012 En una granja en el estado de Utah, en Estados Unidos, un grupo de cabras están siendo ordeñadas. No parecen diferentes de otras de su especie, pero se trata de animales extraordinarios. Estas cabras son, en parte, arañas. La granja pertenece a la Universidad Estatal de Utah y es allí donde el profesor de genética Randy Lewis y sus colegas han logrado algo que parece ciencia ficción: cabras que producen en su leche seda de arañas, un material de alto valor comercial por su gran fortaleza y elasticidad. La seda producida por las arañas está hecha de proteína. "Lo que hicimos fue tomar de las arañas el gen de la producción de seda y ponerlo en un segmento de ADN que copia exactamente las mismas secuencias de control de ADN en la cabra, de forma que la proteína en el gen que extrajimos sólo será elaborada en la ubre cuando la cabra produce leche", explicó a BBC...

T.4- punto 4 C

O USO DE MICROORGANISMOS EN BIOTECNOLOXÍA Moitos dos procesos biotecnolóxicos utilizan microorganismos, principalmente bacterias e fungos, que se producen en grandes tanques industrias ( fermentadores ). Principais vantaxes: Producen gran cantidade de encimas e outras biomoléculas de interese industrial que se segregan fóra da célula. Poden modificarse xeneticamente con facilidade para producir a molécula desexada. Medran moi rapidamente, a baixas temperaturas, en condicións controladas e a baixo custo. 

T.4- punto 4 B

QUE FUNCIÓN DESEMPREGAN AS ENCIAMAS? As encimas son proteínas que actúan como catalizadores , acelerando as reaccións químicas que teñen lugar nas células. As encimas poden romper unha molécula ( substrato ) noutras máis pequenas ou unir moléculas pequenas nunha máis grande. Características: ·          As encimas son específicas , cada encima únese a un único tipo de substrato e cataliza un tipo de reacción química. ·          Posúen un sitio de unión para o substrato ( centro activo ). ·          Non se consomen nas reaccións que catalizan, pero a súa actividade pode verse afectada pola temperatura e o pH do medio.

T.4- punto 4 A

A BIOTECNOLOXÍA E AS SÚAS APLICACIÓNS QUE É A BIOTECNOLOXÍA? A biotecnoloxía é o conxunto de procesos e de tecnoloxías que utilizan organismos vivos ou parte deles para obter produtos ou proporcionar servizos útiles para a saúde, a agricultura, a alimentación, a industria ou o medio natural. O uso da biotecnoloxía remóntase a miles de anos, cando se desenvolveron os procesos de fermentación tradicional para producir pan, cervexa, viño ou queixo. O grande avance da biotecnoloxía produciuse en paralelo ao da bioloxía molecular do ADN, ao coñecerse que a estrutura do material xenético , o código xenético ou os mecanismos de transcrición e tradución dos xenes en proteínas, son comúns para todos os seres vivos. Este coñecemento permitiu transferir xenes entre individuos de distintas especies , o que se coñece como enxeñaría xenética , e o organismo que contén o novo xene é un organismo modificado xeneticamente (OMX). Sectores : ·     ...

T.3- punto 3 C

Imagen
ENFERMIDADES XENÉTICAS DEBIDAS A MUTACIÓNS: A ANEMIA FALCIFORME A anemia falciforme é unha enfermidade orixinada por unha mutación nun único nucleótido do xene que produce a hemoglobina. A hemoglobina é unha proteína localizada nos glóbulos vermellos e é responsable do transporte de osíxeno polo sangue. A anemia falciforme só se manifesta cando a persoa é homocigótica para o xene mutado (F’F’). Os individuos heterocigóticos (FF’), producen suficiente cantidade de hemoglobina normal como para non padecer a enfermidade. IMPORTANCIA BIOLÓXICA DAS MUTACIÓNS Non todas as mutacións son prexudiciais para o individuo que as porta, algunhas son neutras e non producen ningún efecto, pero moitas delas poden ser beneficiosas e mellorar a capacidade de supervivencia do individuo. As mutacións son unha fonte importante de variabilidade xenética , ao introducir cambios na estrutura dos xenes, xunto á meiose e á reprodución sexual, contribúen á diversidade de organi...

T.4- punto 3 B

SON HERDABLES AS MUTACIÓNS? As mutacións que asocian á mitose son mutacións corporais , que poden causar alteracións ou enfermidades ao individuo que as posúe, pero que non se transmiten á descendencia. As mutacións xerminais son aquelas que se producen por erros durante a meiose e a formación dos gametos, son herdables e transmítese de pais a fillos.

T.4- punto 3 A

Imagen
AS MUTACIÓNS E A SÚA IMPORTANCIA BIOLÓXICA QUE SON AS MUTACIÓNS? As mutacións son cambios no material xenético que se producen ao azar. Poden ocorrer en calquera célula do organismo. Ocorren de forma natural, pero poden aumentar pola acción de certos axentes mutaxénicos . Tipos: ·          Cromosómicas : Afectan ao número ou á estrutura dos cromosomas e débense a erros durante a división celular ou na formación dos gametos. Producen graves consecuencias nos individuos que as posúen. ·          Xenéticas : Son cambios, na secuencia de nucleótidos do ADN, que afectan á estrutura dun xene e en consecuencia alteran a proteína codificada por este xene. ¿Por qué un gato puede ser blanco? El gato blanco  presenta este manto bonito por el hecho de que carecen de pigmentación, esa tonalidad blanquecina oculta su verdadero color. El color  blanco  en  ga...

T.4- punto 2 C

A EXPRESIÓN DA INFORMACIÓN XENÉTICA DO ADN: A SÍNTESE DE PROTEÍNAS A expresión da información é o conxunto de procesos mediante os que os códigos contidos nas secuencia de nucleótidos dos xenes ditan a secuencia de aminoácidos das proteínas. Francis Crick denominou a esta relación entre ADN-ARN e proteínas coma o dogma central da bioloxía molecular . ETAPAS DA SÍNTESE DE PROTEÍNAS ·          Transcrición : proceso polo que a secuencia de nucleótidos dun xene do ADN se copia nunha molécula de ARN mensaxeiro (ARNm) ·          Saída do ARNm : o ARNm sae do núcleo celular a través dos poros e diríxese aos ribosomas do citoplasma. ·          Tradución : proceso polo que se realiza a unión dos aminoácidos na secuencia ditada polos tripletes do ARNm, e segundo as claves do código xenético. A proteína resultante considérase a expresión da información x...

T.4- punto 2 B

QUE É O CÓDIGO XENÉTICO? O código xenético é o conxunto de instrucións que contén a secuencia de nucleótidos do ADN, para poder sintetizar as proteínas. Características: ·          E un código de tres letras. Cada secuencia de tres nucleótidos ( triplete ou codón ), codifica para un aminoácido. Existen 61 tripletes para os distintos aminoácidos. ·          É un código dexenerado , dado que todos os aminoácidos , agás a metionina, están codificados por máis dun triplete. ·          Hai 3 tripletes que non codifican para ningún aminoácido, son os tripletes que indican os puntos de inicio e de fin de cada proteína. ·          O código xenético universal é o máis importante, todos os organismos comparten os mesmos aminoácidos. Esta propiedade foi esencial para o desenvolvemento da biotecnoloxía, xa que pe...

T.4- punto 2 A

XENES E CONTROL CELULAR XENES E PROTEÍNAS Un xene é un segmento de ADN, de nucleótidos, que contén a información xenética para producir unha proteína. O conxunto de xenes dun individuo, ou xenoma, determina o conxunto de proteínas que fabricarán as súas células. As proteínas son as responsables das características de cada individuo As proteínas son biomoléculas formadas pola unión de aminoácidos; existen 20 aminoácidos diferentes que forman as proteínas. A orde ou secuencia na que se unen os aminoácidos determina o tipo de proteína, o cambio dun só deles dá lugar a que a proteína sexa diferente. Dado que unha proteína contén centos ou miles de aminoácidos, o número de proteínas diferentes que se pode formar é enorme.

T.4- punto 1 C

Imagen
EN QUE CONSISTE A REPLICACIÓN DO ADN? A replicación do ADN é o proceso mediante o cal se duplica unha molécula de ADN, formándose dúas cromátides idénticas dos cromosomas identificados durante a metafase. A replicación do ADN ten lugar no núcleo durante a división celular co fin de repartir copias idénticas do ADN a dúas células fillas. Trátase dun modelo de replicación semiconservador, xa que as moléculas fillas posúen unha das cadeas da orixinal. Os elementos que partipican na replicación son: ·          ADN Polimerasa III (encima encargada de incorporar novos nucleótidos a cadea de formación. En dirección 5´3´) ·          RNA Primasa (encargada de produccir cebadores). ·          Topoisemerasas (alivian a tensión e evitan que as hebras volvan a enrrollarse). ·          Helicasas (cortan as pontes). ...

T.4- punto 1 B

Imagen
AS CLAVES DA ESTRUCTURA DO ADN A molécula de ADN é un polinucleótido formado por dúas cadeas de nucleótidos, enrroladas entre si formando o que se coñece como a dobre hélice. Características: ·          Bases complementaria : A-T,G-C ·          Estructura estable , non é posible a comblinación das bases doutro xeito ·           As cadeas son antiparalelas . ·          A información xenética depende da orden en que se únen os nucleótidos: secuencia de nucleótidos , diferencia a cada  individuo .