T.4- punto 2 A
XENES E CONTROL CELULAR
XENES E PROTEÍNAS
Un xene é un
segmento de ADN, de nucleótidos, que contén a información xenética para producir unha proteína.
O conxunto de xenes dun individuo, ou xenoma, determina o
conxunto de proteínas que fabricarán as súas células. As proteínas son as
responsables das características de cada individuo
As proteínas son biomoléculas formadas pola unión de
aminoácidos; existen 20 aminoácidos
diferentes que forman as proteínas. A orde ou secuencia na que se unen os aminoácidos determina o tipo de
proteína, o cambio dun só deles dá lugar a que a proteína sexa diferente. Dado
que unha proteína contén centos ou miles de aminoácidos, o número de proteínas
diferentes que se pode formar é enorme.
Comentarios
Publicar un comentario