T.4- punto 4 A
A BIOTECNOLOXÍA E AS SÚAS APLICACIÓNS
QUE É A BIOTECNOLOXÍA?
A biotecnoloxía é o conxunto de procesos e de tecnoloxías que
utilizan organismos vivos ou parte deles para obter produtos ou proporcionar
servizos útiles para a saúde, a agricultura, a alimentación, a industria ou o
medio natural.
O uso da biotecnoloxía remóntase
a miles de anos, cando se desenvolveron os procesos de fermentación tradicional
para producir pan, cervexa, viño ou queixo.
O grande avance da biotecnoloxía
produciuse en paralelo ao da bioloxía
molecular do ADN, ao coñecerse que a estrutura do material xenético , o
código xenético ou os mecanismos de transcrición e tradución dos xenes en
proteínas, son comúns para todos os seres vivos.
Este coñecemento permitiu
transferir xenes entre individuos de distintas especies , o que se coñece como enxeñaría xenética, e o organismo que
contén o novo xene é un organismo modificado xeneticamente (OMX).
Sectores:
·
A saúde
e farmaceutico: deseño de fármacos, vacinas.
·
O agrícola: a micropropagación,
desenvolvemento de cultivos máis resistentes ou adaptados.
·
Vetrinario:
desenvolvemento de novos ingredientes o aditivos para a produción animal
(prebiótico e probióticos). Aplicación da clonación reproductiva...
·
Industria:
obtención de microorganismos e encimas para procesos industrias.
Biocombustibles, bioplásticos, biosolventes, biodeterxentes...
·
Alimentación:
aplicacións no ámbito da seguridade e calidade. Mellora dos alimentos con
propiedades máis saudables.
·
Medio natural: depuración biolóxica.
Eliminación de contaminantes, empregando encimas, ou plantas.
Comentarios
Publicar un comentario