T.4- punto 2 C
A EXPRESIÓN DA INFORMACIÓN
XENÉTICA DO ADN: A SÍNTESE DE PROTEÍNAS
A expresión da información é o conxunto de procesos mediante os que
os códigos contidos nas secuencia de nucleótidos dos xenes ditan a secuencia de
aminoácidos das proteínas.
Francis Crick denominou a esta
relación entre ADN-ARN e proteínas coma o dogma
central da bioloxía molecular.
ETAPAS DA SÍNTESE DE PROTEÍNAS
·
Transcrición:
proceso polo que a secuencia de nucleótidos dun xene do ADN se copia nunha molécula de ARN
mensaxeiro (ARNm)
·
Saída do
ARNm: o ARNm sae do núcleo celular a través dos poros e
diríxese aos ribosomas do citoplasma.
·
Tradución:
proceso polo que se realiza a unión dos aminoácidos
na secuencia ditada polos tripletes do ARNm, e segundo as claves do código
xenético. A proteína resultante considérase a expresión da información xenética
do xene.
CALES SON AS DIFERENCIAS ENTRE
REPLICACIÓN, TRANSCRICIÓN E TRADUCIÓN?
·
Replicación:
Síntese de ADN utilizando ADN como molde.
·
Transcrición:
Síntese de ARNm, utilizando ADN como molde.
·
Tradución:
Síntese de proteínas, utilizando ARNm como molde.
Comentarios
Publicar un comentario