T.6 - punto 7



ADAPTACIÓNS AOS FACTORES AMBIENTAIS

QUE SON AS ADAPTACIÓNS

Son os organismos que adquiriron estructuras e que lles permitiron sobrevivir nun medio e nunhas condicións ambientais determinadas.
Estes cambios constitúen as adaptacións do medio.
Os organismos con menor capacidade de adaptación ao medio desapareceron.

Tipos:

As adaptacións implican cambios ou cambios xenéticos.

o   De comportamento ou etelóxicas (migracións das aves).
o   Fisioloxías (a capacidade dalgúns animais a captar o osíxeno disolvido na auga ou de regular a temperatura).
o   Morfolóxicas ou anatómicas (ás das aves)

FACTORES QUE AFECTAN Á ADAPTACIÓN

A adaptación impica non só cambios físicos ou fisiolóxicos que permitan vivir en determinadas condicións ambientais, senón tamén modificacións de comportamento que lles permita relacionarse co resto dos seres vivos.
A adaptación a un factor concreto require moita cantidade de enerxía, o que dificulta que un organismo se adapte a máis dun medio.
A adaptación require menos cambios e menos gastos de enerxía, sempre que as condicións non sexan extremas.

ADAPTACIÓNS AO MEDIO ACUÁTICO

Animais:

·         A salinidade dos océanos inflúe na estructura e no funcionamento dos organismos que viven neles.

Tipos:

o   Eurihalinos: Son capaces de acomodarse aos cambios de salinidade do medio. Viven en augas salobres.
o    Estenohalinos: Non están adaptados aos cambios de salinidade. A maioría habita zonas afastadas da costa. Son seres peláxicos ou oceánicos.

·         Para desprazarse pola auga, os organismos acuáticos posúen unha extremidades transformadas en aletas, ou dipoñen de membranas interdixitais, e os que nadan teñen o corpo en forma de fuso ou fusiforme.
·         Para poder tomar o osíxeno disolvido na auga, os peixes posúen branquias. Algúns invertebrados acúaticos anfibios, captan o osíxeno por difusión, directamente da auga.
·         Para adaptarse aos cambios de presión na auga, moitos peixes posúen un órgano (vexiga natatoria) que ao encherse ou baleirarse de gas permítelles ascender ou descender dentro da auga.
·         Para poder localizarse entre si e detectar ás súas presas, os golfiños e outros celtáceos emiten sons e ultrasons. Algúns producen sons fregando partes do seu corpo (estridulación) ou soprando aire coa vexiga natatoria (fonación).

Plantas:

As adaptacións das plantas acuáticas varían segundo vivan totalmente mergulladas ou que posúan soamente follas flotantes.
o   Carecen de raíces ou teñenas pouco desenvolvidas, xa que non atopan dificultade para conseguir os nutrientes.
o   Os seus talos son flexibles e herbáceos, con escasos tecidos para non ofrecer resistencia á auga.
o   Posúen follas grandes con espazos intercelulares cargados de aire, para flotar máis facilmente e eliminar por transpiración o exceso de auga.
o   Teñen abundantes estomas na epiderme superior das follas flotantes e ausencia de estomas e de pelos na epiderme das follas mergulladas.



Comentarios

Entradas populares de este blog

T.2-Punto 3.1

T.4- punto 4 A