T.4- punto 5 A
A ENXEÑARÍA XENÉTICA
QUE É A ENXEÑARÍA XENÉTICA?
A enxeñaría xenética é o conxunto de técnicas que permiten illar,
cortar, combinar e unir fragmentos de ADN nunha única molécula de ADN e
transferila a outra célula.
A molécula de ADN resultante (ADN
recombinante) e o organismo cuxo xenoma se modificou (OMX), (organismo transxénico)
TÉCNICAS DE ENXEÑARÍA XENÉTICA
As técnicas de enxeñaría xenética
para producir proteínas, realízanse
seguindo un protocolo que inclúe as seguintes etapas:
·
A partir dunha célula humana de
páncreas, localízanse e íllase o xene que codifica para a insulina mediante
encimas que cortan a molécula de ADN.
·
O xene humano insírese no ADN dun plásmido bacteriano que actúa como
vector para transferilo á bacteria.
·
Selecciónanse as bacterias que conteñen
o xene da insulina inserido no seu ADN, para iso utilízanse algúns xenes
marcadores.
·
Faise medrar ás bacterias, modificadas
xeneticamente, en grandes fermentadores e en condicións favorables para que,
mediante reprodución asexual, produzan millóns de bacterias idénticas co xene
da insulina humana.
·
O xene da insulina transcríbese e
tradúcese producindo grandes cantidades de insulina, que as bacterias segregan
ao medio de cultivo .
·
A insulina recóllese e purifícase para a
súa comercialización.
As bacterias e os fermentos son os organismos máis
utilizados en enxeñaría xenética, dado que entrañan menos consideracións éticas
que as plantas ou os animais.
Comentarios
Publicar un comentario