T.3- punto 3 C



ENFERMIDADES XENÉTICAS DEBIDAS A MUTACIÓNS: A ANEMIA FALCIFORME

A anemia falciforme é unha enfermidade orixinada por unha mutación nun único nucleótido do xene que produce a hemoglobina.


A hemoglobina é unha proteína localizada nos glóbulos vermellos e é responsable do transporte de osíxeno polo sangue.

A anemia falciforme só se manifesta cando a persoa é homocigótica para o xene mutado (F’F’). Os individuos heterocigóticos (FF’), producen suficiente cantidade de hemoglobina normal como para non padecer a enfermidade.

IMPORTANCIA BIOLÓXICA DAS MUTACIÓNS

Non todas as mutacións son prexudiciais para o individuo que as porta, algunhas son neutras e non producen ningún efecto, pero moitas delas poden ser beneficiosas e mellorar a capacidade de supervivencia do individuo.
As mutacións son unha fonte importante de variabilidade xenética, ao introducir cambios na estrutura dos xenes, xunto á meiose e á reprodución sexual, contribúen á diversidade de organismos e á evolución das especies. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

T.2-Punto 3.1

T.4- punto 4 A

T.6 - punto 7