T.3- Punto 6
A HERDANZA DOS GRUPOS SANGUÍNEOS O SISTEMA ABO Os grupos sanguíneos son clasificacións do sangue de acordo coas substancias presentes na superficie dos glóbulos vermellos (anticorpos). As dúas clasificacións principais do grupo sanguíneo son o sistema ABO e o factor Rh . Os antíxenos son substancias presentes na superficie das células que inducen, noutros individuos, a fabricación de anticorpos e a resposta inmunitaria para neutralizar estes antíxenos. COMO SE ELABORA UNHA ÁRBORE XENEALÓXICA As árbores xenealóxicas ou pedigrees son representacións da historia familiar que permiten estudar o tipo de herdanza dun determinado carácter ou enfermidade, a través de varias xeracións de persoas emparentadas.