T.3-Punto 2.1
MÉTODOS PARA
REPRESENTAR OS CRUZAMENTOS
Utilízase
para representar os cruzamentos e os resultados obtidos nunha ou varias
xeracións sen necesidade de debuxar os cromosomas.
O diagrama
debe indicar:
·
O tipo de
cruzamento que se realiza con toda a información de que se dispón.
·
O xenotipo
dos proxenitores; os xenes e os alelos sempre se representan con letras.
A alelo dominante
a alelo recesivo
·
O fenotipo dos
proxenitores: ollos marróns e ollos azuis.
·
O xenotipo
dos gametos que producirían os proxenitores (A ou a).
·
As distintas
posibilidades de unión dos gametos durante a fecundación.
Cada gameto masculino pode unirse a calquera dos femininos.
·
O xenotipo e
o fenotipo da descendencia (F1) e a probabilidade de cada un deles.
CADRO DE
PUNNETT
O cadro de Punnett é outra forma de representar
os cruzamentos de xenética.
Realízase
situando os posibles gametos do pai e da nai a ambos os dous lados do cadro, e
anotando as posibles combinacións deles durante a fecundación, a xeito de matriz.
Comentarios
Publicar un comentario