T.3- Punto 4
XENÉTICA HUMANA E ENFERMIDADES HEREDITARIAS
A HERDANZA NA
ESPECIE HUMANA
Existen caracteres controlados por un só xene e outros de herdanza máis
complexa.
A súa manifestación na descendencia dependerá de varios factores:
·
Tipo de alelo
responsable do carácter: dominante
ou recesivo.
·
Localización do
xene nos autosomas ou nos cromosomas sexuais.
Isto
influirá en que o carácter se manifeste en homes, mulleres ou en ambos os dous.
ENFERMIDADES HEREDITARIAS
E XENÉTICAS
As enfermidades hereditarias son as que se transmiten de pais a fillos
a través dos xenes, por estar presentes nos gametos dos pais.
As enfermidades xenéticas son todas as que se deben a cambios ou
alteracións do ADN, pero que non necesariamente proveñen dos pais.
ALBINISMO: UN EXEMPLO DE
HERDANZA RECESIVA
O albinismo é trastorno
causado por un alelo recesivo.
Os individuos
heterocigóticos son normais, non manifestan a enfermidade pero son portadores
do alelo recesivo e pódeno transmitir aos seus fillos.
A ENFERMIDADE DE
HUNTINGTON: UN EXEMPLO DE HERDANZA DOMINANTE
A enfermidade de
Huntington é unha enfermidade hereditaria debida a un alelo dominante que
ocasiona unha dexeneración progresiva do sistema nervioso. Acompáñase de
movemento esaxerado das extremidades.
Comentarios
Publicar un comentario