T.3-Punto 2


CONCEPTOS BÁSICOS EN XENÉTICA

XENES E CARACTERES HEREDITARIOS

A xenética é a parte da bioloxía que estuda a herdanza dos caracteres, o comportamento dos xenes dentro das células e a súa transmisión de pais a fillos.

Os xenes son fragmentos de ADN que conteñen a información xenética responsable de cada un dos caracteres hereditarios.
Os xenes transmítense de pais a fillos a través dos gametos que se producen durante a meiose. Os factores hereditarios que describiu son, os xenes.

Cada xene ten dúas alternativas (alelos), un en cada cromosoma homólogo.
Os alelos dun xene localízanse na mesma posición do cromosoma.
O xene que contén a información da cor das sementes pode determinar que sexan amarelas (alelo A) ou verdes (alelo a).


INDIVIDUOS HOMOCIGÓTICOS E HETEROCIGÓTICOS

Cada individuo posúe dous alelos para cada carácter, cando estes alelos son iguais (AA ou aa) o individuo (homocigótico); cando son distintos (Aa) o individuo (heterocigótico ou híbrido).

O alelo dominante (A) é o que se manifesta no fenotipo dos individuos heterocigóticos (Aa), e alelo recesivo (a) ao que queda oculto nos heterocigóticos.
Os xenes e alelos para os diferentes caracteres pódense representar con calquera das letras do alfabeto.

XENOTIPO E FENOTIPO

O xenotipo é o conxunto de xenes que posúe un individuo e que herdou dos seus pais.
Mantense durante toda a vida.

O conxunto de caracteres que manifesta un individuo (fenotipo).
O fenotipo dun individuo depende do seu xenotipo , dos xenes que posúen as súas células.
Existen factores ambientais aos que expostos os individuos, que inflúen no seu fenotipo.
Esta influencia do ambiente sobre o xenotipo resúmese da seguinte forma:

Fonotipo = xenotipo + factores ambientais



Comentarios

Entradas populares de este blog

T.2-Punto 3.1

T.4- punto 4 A

T.6 - punto 7