T.6 - punto 8
ADAPTACIÓN
AO MEDIO TERRESTRE E AÉREO
·
ADAPTACIÓNS
DOS ANIMAIS
ADAPTACIÓNS
AO MEDIO TERRESTRE
·
Cubertas
e tegumentos de protección para evitar a desecación e soportar os cambios
bruscos de temperatura. A este tipo pertencen as escamas e as cunchas dos
réptiles.
·
Sistemas
respiratorios capaces de captar osíxeno do aire, coma o sistema traqueal nos
insectos e o pulmonar nos vertebrados terrestres.
·
Sistema
de transporte e extremidades máis fortes.
·
Esqueleto
para desprazar e manterse ergueitos.
·
Estructuras
para a captura de alimentos e a reproducción.
·
Cambios
da temperatura corporal.
ADAPTACIÓNS
AO MEDIO AÉREO
Un dos
trazos máis característicos de moitas especies animais terrestres é a súa
capacidade para voar.
Nas aves, as
principais adaptacións para o voo son ósos máis lixeiros e resistentes,
extremidades anteriores transformadas en ás, pulmóns con expansións (sacos aéreos), para acumular aire;
perda da cola ósea para alixeirar o peso do corpo, e a existencia de plumas que facilitan o voo e que tamén
manteñen a temperatura corporal.
·
ADAPTACIÓNS
DAS PLANTAS
·
Sistemas
de transporte eficaces para distribuír os nutrientes a grandes distancias.
·
Sistema
de fixación ao substrato, ou raíces, para sosterse e poder captar a auga e os
elementos minerais do chan.
·
Talos
que permiten ás follas captar a maior cantidade de luz posible.
·
Estructuras
e fibras que confiren dureza e resistencia aos talos para manterse ergueitos.
·
Estomas
nas follas que permiten o intercambio gasoso coa atmosfera.
ADAPTACIÓNS A TEMPERATURA
As principais adaptacións á calor son:
·
A
acumulación de auga en follas e talos engrosados, e a diminución do número de
estomas e a súa apertura só durante a noite para evitar a perda de auga pola
transmisión.
·
A
transformación de follas en espiñas e o desenvolvemento de raíces longas e
profundas para absorber auga.
Algunhas adaptacións dos vexetais ao frío son:
·
Detención
da fotosíntese durante a época fría, o que leva á caída das follas.
·
Perda
da parte aérea durante a época fría e desenvolvemento de estructuras
subterráneas.
·
Presenza
de follas resistentes e correúdas, protexidas por capas céreas, que non caen
durante o inverno, como no caso dos piñeiros e abetos.
Comentarios
Publicar un comentario