T.6 - punto 5



OS FACTORES BIÓTICOS
Os factores bióticos son as relacións que se establecen entre os organismos.

·         As relacións intraespecíficas (as que se establecen entre individuos da mesma especie).

A súa finalidade é a protección das crías, a busca de alimento e a defensa.

o   Coloniais: Son as relacións que se establecen entre organismos que viven íntimamente unidos (corais ou as esponxas)
o   Sociais: Nelas establécese unha xerarquía e unha distribución de tarefas. Son típicas de insectos (avellas ou avespas).
o   Familiares: Son as que se establecen dentro dun grupo familiar, entre os proxenitores e a descendencia. Os seus fins son a alimentación, a cría e a protección dos máis débiles.
o   Gregarias: Son as asociacións de organismos que se desprazan da forma conxunta (bandadas de aves ou nos bancos de peixes).

·         As relacións interespecíficas (as que se establecen entre individuos da distinta especie)
o   A competencia: Esta relación dáse cando dous organismos utilizan o mesmo recurso (luz, o espazo, a comida ou a parella para reproducirse). Tamén existe competencia entre organismos da mesma especie.
o    A depredación: É  a relación na que un organismo (depredador), mata a outro (presa), para poder alimentarse. Entre os animais depredadores están os lobos e as aguias.
O feito de que uns seres vivos dependan doutros para conseguir alimento fai que nun ecosistema se creen (relacións alimentarias ou tróficas)
o   A simbiose: ”vivindo xuntos”. É  unha relación ou asociación permanente entre individuos de distinta especie, que pode ser beneficiosa ou non, e mesmo prexudicial para unha especie.
Este termo se asociaba ao concepto de beneficio, criterio xeral é o de asociación con dependencia mutua entre distintas especies. 



TIPOS DE SIMBIOSE

Asociacións Simbóticas:

o   O mutualismo: É unha relación de beneficio mutuo.
Un exemplo é a asociación das bacterias fixadoras de nitróxeno, do xénero Rhinizobium, que viven sobre as raíces das plantas leguiminosas.
As bacterias transforman o nitróxeno atmosférico en compostos nitroxenados, que son usados polas plantas leguminosa para formar as súas proteínas e outras moléculas orgánicas. As bacterias obteñen alimentos elaborados polas plantas.
o   O comensalismo: É  unha relación na que unha especie se beneficia e a outra nin se beneficia ni é prexudicada, como é o caso do comensalismo de “transporte”, que se establece entre as rémoras e as quenllas. As rémoras usan como medio de transporte ás quenllas, sen facerlles mal; obteñen un beneficio sen provocar un prexuício ao outro organismo.
Ex. Plantas epífitas
o   O parasitismo: Nesta relación interespecífica, unha especie benefíciase e a outra resulta prexudicada. O parasito vive en íntima relación con outro individuo (hóspede), que resulta prexudicado. Este tipo de simbiose está moi estendido na natureza.
As tenias, os piollos ou os carrachos.



Comentarios

Entradas populares de este blog

T.2-Punto 3.1

T.4- punto 4 A

T.6 - punto 7