T.5 - Punto 7



A ESPECIE HUMANA

As características que diferencian a nosa especie do resto dos primates é o resultado dun longo proceso evolutivo chamado hominización.

O PROCESO DE HOMINIZACIÓN: OS CAMBIOS ANATÓMICOS, CAMBIOS REPRODUCTIVOS E CAMBIOS  XENÉTICOS.

OS CAMBIOS ANATÓMICOS:

·         Postura bipede ou ergueita:
Afecta ao esqueleto. A columna adquire forma de “S”, a pelve acurtase e ensanchase, e as extremidades inferiors alonganse. O dedo polgar dos pés deixa de ser opoñible.
·         Cambio de función das extremidades, as mans libéranse e poden ser usadas para gardar utensilios, alimentos e crias.
As mans gañan movilidade, os dedos alonganse, o polgar oponse ao resto dos dedos para tranformarse nun órgano prensil.
As extremidades inferiors destínanse a actividades locomotoras.
·         A remodelación do rostro e da dentición.
A diversidade da dieta que tende a ser omnivora e inclue a preparación e cociñado dos alimentos. Como consecuencia as pezas dentarias sofren menos desgaste e van reducindo o seu tamaño.
·         A zona facial e a mandibula inferior redúcense, polo que o cráneo perde robustez e aumenta a capacidade craneal.


OS CAMBIOS REPRODUCTIVOS E NO DESENVOLVEMENTO

·         Desenvolvemento de encéfalo e da linguaxe:
A capacidade cranial aumenta progresivamente, aumenta o número de neuronas, aumenta a variedade de funcións (conciencia, memoria, sentimentos, creatividade,…).
·         A aparición e desenvolvemento da linguaxe que permite a transmission de ideas e coñecemento entre individuos.
·         O sexo, diferenciado dos outros animais: A especie humana tivo moito éxito reproductivo, favorecido pola desaparición do celo, que permitiu un número progresivamente de conctatos sexuais e unha mayor fertilidade das femias. A recombinación xenética permitiu adaptacións a condición ambientais cambiantes.
·         Un longo periodo de maduración, as crías nacen indefensas e necesitan atención e coperacións entre individuos adultos para proporcionarlle alimento e defensa.


OS CAMBIOS XÉNICOS

·         A especie humana ten en común cos chimpancés máis do 98% do ADN. A semellanza e mayor que entre o chimpacé e o gorila. O que permite afirmar que o chimpacé e os humanos teñen un antepasado común recente.
·         As diferencias débense as mutacións como consecuencia de inserción e supresión do ADN. Outra diferenza e o número de cromosomas, 46 na especie humana e 48 no chimpancé.




Comentarios

Entradas populares de este blog

T.2-Punto 3.1

T.4- punto 4 A

T.6 - punto 7