T.2-Punto 2
O CICLO DE VIDA DA CÉLULA
O CICLO CELULAR
É o conxunto de
acontecementos que teñen lugar na célula desde que se forma ata que entra en división.
Etapas:
·
Interfase:
Ocupa
a maior parte da vida da célula.
É
unha etapa de crecemento e de grande actividade metabólica.
·Fases:
- G1: comeza a síntese de proteínas;
increméntase o volume do citoplasma e o tamaño e o número dos seus orgánulos.
As
células que non se dividen (as células musculares e as neuronas), detéñense
nesta etapa do ciclo.
- Fase S: prodúcese a duplicación do ADN e os
cromosomas pasan a estar formados por dúas cromátides idénticas.
- G2: prodúcense novos orgánulos e a
célula prepárase para a división.
DIVISIÓN CELULAR (fase M)
É unha etapa breve na
vida da célula.
·Fases:
- A mitose, coa repartición de cromosomas entre as células fillas.
- A citocinese, consiste na división do citoplasma, coa consecuente
repartición de orgánulos, e a separación das dúas células fillas.
Comentarios
Publicar un comentario