T.2-Punto 1



COMO SE REPRODUCEN AS CÉLULAS?

A NECESIDADE DA DIVISIÓN CELULAR

A reprodución ou división celular é o proceso polo cal unha célula se divide en dúas células fillas xeneticamente idénticas entre si e á célula célula da que proceden.

Permite producir novas células para:
·   Crecemento do corpo: os trillóns de células que forman o corpo humano orixináronse  por sucesivas divisións celulares do óvulo fecundado.
·         Renovar os tecidos desgastados ou danados.

Nos organismos unicelulares , cada célula produce un novo organismo.
                   
bacterias, fermentos, amebas, etc ...

Nos organismos pluricelulares requírense millóns de divisións para producir un novo individuo.
As células dun individuo adulto divídense de maneira controlada ao longo de toda a súa vida, de acordo coas necesidades do organismo.

Nas células eucariotas, a principal forma de división é a mitose.
Os crosmosomas xogan un papel esencial na división celular.


CROMOSOMAS E DIVISIÓN CELULAR

Os cromosomas localízanse no núcleo celular e posúen a información xenética que se debe transmitir ás células fillas en cada división celular. Contén as instrucións para organizar a estructura  función das novas células.

Os cromosomas están formados por un material (cromatina).
                                                                                  
                                                      É a asociación de ADN e proteínas (histonas).
Cada cromosoma contén unha única molécula de ADN. Cando a célula está en repouso, a cromatina está dispersa polo núcleo e os cromosomas non son visibles.

Antes da división celular o ADN duplícase para distribuír a mesma información ás dúas células fillas.A cromatina condénsase, formando fibras máis curtas e grosas, que son os cromosomas.



Durante a división celular, cada cromosoma aparece duplicado, formado por dúas cromátides idénticas unidas polo centrómero.


CROMOSOMAS E XENES

Cada cromosoma contén miles de xenes ordenados linealmente.
Un xene é un pequeno segmento da longa molécula de ADN. Os xenes son as unidades xenéticas que determinan as características herdables de cada individuo.

Os xenes das dúas cromátides  de cada cromosoma son idénticos, xa que son o resultado da duplicación do ADN da célula.

Comentarios

Entradas populares de este blog

T.2-Punto 3.1

T.4- punto 4 A

T.6 - punto 7