T.6 - punto 6
OS GRANDES
ECOSISTEMAS TERRESTRES: OS BIOMAS
O bioma é o
conxunto de zonas da Terra que teñen poboacións animais e vexetais similares.
Grandes ecosistemas acuáticos.
Cada bioma pódese
estender por varios continentes, e en cada continente pódense atopar distintos
biomas.
Tipos:
·
BIOMAS
DE CLIMA FRÍOS
o
A tundra: Ocupa as zonas próximas aos
círculos polares. As temperaturas
son moi baixas todo o ano e as
precipitacións caen en forma de neve.
A vexetación arbórea é escasa. Durante unha gran parte do ano, a tundra atópase
cuberta de xeo.
Está habitada por
caribús, bois almiscreiros, osos polares, focas, raposos, etc. Entre os
vexetais abundan liques, musgos e gramíneas.
o
A taiga: Ocupa as zonas de Europa, Canadá e
Asia próximas aos Polos e é o bioma máis grande.
O clima é frío continental, con invernos longos e
moi fríos e veráns temperados e curtos. As choivas son escasas e, no inverno,
en forma de neve.
As árbores características
son coníferas.
o
O deserto frío: Lugares de escasa precipitación. A Antártida
é o maior deserto xeado da Terra, xa que ocupa todo un continente.
O clima do continente
antártico caracterízase por ter medidas
térmicas moi baixas.
·
BIOMAS
DE CLIMAS TEMPERADOS
o
O bosque caducifolio: Este tipo de vexetación, de folla
caduca, é característico de climas con temperaturas
temperadas e choivas abundantes.
Ocupa a zona atlántica da Península Ibérica.
A vexetación
característica é de faias e carballos cun estrato arbustivo e herbáceo moi
denso.
A fauna é moi rica e
variada.
o
O bosque mediterráneo: A zona mediterránea caracterízase
por ter un clima de invernos temperados e
de veráns cálidos. As choivas son
escasas e irregulares, sobre todo durante a primavera e o outono.
·
BIOMAS
DE CLIMAS CÁLIDOS
o
O bosque tropical: Sitúase a ambos os dous lados do
Ecuador e a súa vexetación é máis frondosa.
O clima tropical
caracterízase por non ter grandes oscilacións e manter unha temperatura media
arredor de 25ºC e precipitacións constantes durante todo
o ano.
As árbores, de folla
perenne e grande altura, dificultan a existencia de estado arbustivo, ao
impidir o paso da luz.
o
O deserto cálido: Localízase en zonas que están
afastadas do mar ou arredor das zonas tropicais, onde as nubes perden a auga,
polo que o aire é moi seco.
O clima desértico
caracterízase por un gran contraste
térmico entre o día e a noite, poden chegar a darse unha oscilación térmica
de ata 40ºC
A vexetación é escasa e
está adaptada a evitar a transpiración.
A fauna presenta
adaptacións.
Comentarios
Publicar un comentario