T.6 - punto 1
A
BIOSFERA E OS ECOSISTEMAS
A VIDA NA TERRA
Os científicos están
interesados por coñecer a posibilidade de que haxa vida noutros planetas, ata o
momento descoñécese a súa existencia, polo menos no Sistema Solar.
Ás condicións ambientais
da Terra fixo posible a diversidade de seres vivos que caracterízan ao noso
planeta.
·
A existencia
dunha atmosfera protectora contra as radiacións.
·
Unha
distancia ao Sol que proporciona a temperatura adecuada.
·
Unha achega
continua de enerxía solar necesaria para o funcionamento do sistema
terrestre.
·
A existencia
de auga en estado líquido.
A biosfera é a zona
da Terra habitada por seres vivos, que ocupa casi a totalidade do planeta.
QUE É UN ECOSISTEMA
Un sistema é un conxunto
de elementos interrelacionados que funcionan de maneira coordinada.
A Terra é un sistema
integrado por distintos elementos físicos e biolóxicos interdependentes, moi
complexos e que se manteñen nun equilibrio inestable.
·
Ecosistema: É
un termo convencional que se estableceu para poder estudar e comprender mellor
o funcionamento global da biosfera.
·
Ecosistema: É un sistema constituído por organismos que se
relacionan de seu e co espazo no que se instalan.
Os ecosistemas que se desenvolven son diferentes en canto á
súa composición e esctrutura segundo as condicións ambientais e as propiedades
do solo.
ECOSISTEMAS NATURAIS E ARTIFICIAIS
A especie humana transformou os ecosistemas naturais
e o conxunto da biosfera. E creou espazos onde viven comunidades de seres
vivos.
Os ecosistemas arteficias son insustentables a longo
prazo. Ex. cidades, as zonas industriais, as explotacións agrícolas e gandeiras
modernas.
¿POR QUÉ UN
ECOSISTEMA ARTIFICIAL NON É SUSTENTABLE?
Porque necesita un aporte de enerxía e materia do ser humano
para que se manteña estable.
ELEMENTOS
QUE INTEGRAN UN ECOSISTEMA
Elementos:
·
Biocenose: É o
conxunto de seres vivos que habitan nun lugar ou ambiente determinado.
·
Biótopo: É o
lugar ou espazo físico sobre o que se asenta a biocenose.
Os seres
vivos dun ecosistema pertencen a reinos distintos e agrúpanse en diferentes
especies.
Especie: Conxunto de individuos con
características físicas similares, capaces de reproducirse entre si e producir descendencia fértil.
A bioloxía
molecular permitiu clasificar aos
organismos en especies polas
características morfolóxicas e pola composición física.
OS SERES
VIVOS AGRÚPANSE
Os seres
vivos agrúpanse formando entidades cada vez máis complexas o que proporciona
ventaxes para a supervivencia e a reproducción.
Segundo a
cantidade de individuos e o número de especies:
- Poboación: Son grupos de organismos da mesma
especie que viven nunha área e nun tempo determinados. (formigueiro,
unha banda de aves ou un banco de peixes).
- Comunidades: Son agrupacións de poboacións distintas
especies que viven nun lugar determinado, entre as que se establecen
relacións de interdependencia, como nas poboacións.
Comentarios
Publicar un comentario