T.5- Punto 1



TEORÍAS SOBRE A ORIXE DA VIDA

TEORÍAS DA XENERACIÓN ESPONTÁNEA

A orixe da vida tivo unha explicación cuxo denominador común era a intervención divina.
Un dos primeiros intentos  de dar unha explicación racional a esta cuestión foi a idea da xeración espontánea, que sostivo Aristóteles.
Esta teoría postulaba que a vida xurdiu na Terra a partir de materia inerte que “espontanemente” se transformaba para orixinar materia viva.

O FIN DA CRENZA NA XERACIÓN ESPONTÁNEA

A teoría da xeración espontánea empezou a ser cuestionada. Os distintos descubrimentos deron paso ao establecemento dunha nova teoría que propoñía que toda vida provén doutros seres vivos.





TEORÍA DA SOPA PRIMITIVA: A ORIXE QUÍMICA DA VIDA

A finais do S.XIX demostrouse que a xeración espontánea non existía, abriuse unha nova vía de estudo e experimentación para explicar a orixe da vida na Terra.

A principios do S.XX, o ruso Oparin e o británico Haldane propuxeron, de forma independente, que a vida xurdiría por procesos fisicoquímicos ocorridos gradualmente na atmosfera primitiva terrestre.

Etapas:
·         Os gases presentes na atmosfera primitiva, expostos a unha intensa radiación solar e ás descargas eléctricas productivas durante as tormentas, reaccionarían espontaneamente para formar moléculas orgánicas sinxelas.

·         As moléculas orgánicas sinxelas precipitaron sobre a superficie terrestre e foron arrastradas pola choiva ata os océanos primitivos, onde se disolveron lentamente e formaron un caldo ou sopa primitiva.

·         Neste caldo, as moléculas orgánicas sinxelas reaccionaron entre si e orixinaron molécula máis complexas. Co tempo formaríanse agregados moleculares en forma de esferas ocas ou coacervados que encerrarían moléculas, que podían facer copias de si mesma. Estes coacervados serían os precursores das primeiras células.



Comentarios

Entradas populares de este blog

T.2-Punto 3.1

T.4- punto 4 A

T.6 - punto 7