T. 5 - Punto 2



OUTRAS TEORÍAS SOBRE A ORIXE DA VIDA

TEORÍA DA XÉNESE MINERAL

A  teoría de Oparin e Hadane segue a ser máis aceptada para explicar a orixe da vida, aínda que perfeccionada e con algunhas modificacións.

É probable que fosen necesarios certos minerais que actuarían de soporte para permitir que as moléculas orgánicas pequenas se unisen entre elas e orixinasen as grandes moléculas biolóxicas. Creese que esta unión tivo lugar en zonas arxilosas e non na auga como se pensaba.

TEORÍA DAS FONTES HIDROTERMAIS

As fontes hidroterminais son fendas situadas nas proximidades das dorsais oceánicas a miles de metros de profundidade. Posúen unhas condicións de vida primitiva, mesmo tóxicas, semellantes ás que presentaba a Terra hai uns 4000 millóns de anos.

Son lugares escuros que carecen de luz e de osíxeno, con temperaturas extremadamente altas, superiores aos 300ºC; posúen unha elevada concentración de moléculas orgánicas e onde existen gases disolvidos , procedentes de erupción volcánicas.

Algúns investigadores defenden a idea de que a vida apareceu no fondo oceánico, arroupada pola calor que desprendían os volcáns e as chemineas submarinas, e non as charcas litorais da superficie, expostas á intensa luz solar.

TEORÍA DA PANSPERMIA: A ORIXE EXTRATERRESTRE

A teoría da panspermia foi defendida ao longo da historia por diferentes científicos.

Supón que os primeiros microorganismos que habitaron na Terra non se orixinaron aquí, senón no espazo exterior e chegaron ao noso planeta no interior dos múltiples meteoritos que chocaban contra a superficie terrestre. E despois desenvolveronse grazas ás condicións favorables que atoparon, e a partir delas formáronse o resto dos seres vivos.

Hai estudos que suxiren que a vida terrestre é o resultado dunha choiva de moléculas orgánicas sintetizadas no medio interestelar, achegada por cometas e asteroides, e que precipitou sobre a Terra primitiva.

Comentarios

Entradas populares de este blog

T.2-Punto 3.1

T.4- punto 4 A

T.6 - punto 7